A estación de autobuses da capital lucense non só ignora a lingua galega, senón que mesmo proporciona exemplos aberrantes de vulneración da legalidade lingüística en materia toponímica: Feria del Monte, Piedrafita, Orense...
O galego non existe na megafonía, e alí ten sede unha suposta "Jefatura" provincial de transportes da Xunta de Galicia.
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística da zona de Lugo-centro tense tentado establecer infrutuosamente contacto en numerosas ocasións co xerente responsábel da xestión da Estación. A situación prolóngase no tempo e é hora de denunciar publicamente esta vulneración flagrante dos dereitos lingüísticos.
Nos próximos días terán lugar diversos actos públicos de denuncia.
1 comentário:
Ánimo na reivindicación e no acto de dentro dunhas horas, compañeiras/os! Agardo que saia ben e que, sobre todo, sirva para que os responsábeis se poñan as pillas.
O próximo obxectivo...a da Coruña!xD
Unha forte aperta,
Fran
Enviar um comentário