07/11/12

A MESA da zona de Lugo parabeniza o Concello de Lugo pola eliminación do rueiro de figuras representativas da ditadura





A entidade cidadá xa presentara o ano pasado, conxuntamente coa Asociación Cultural Cultura do País, unha iniciativa para substituír o nome do “Jefe Provincial del Movimiento” Ramón Ferreiro polo do poeta monfortino Lois Pereiro. 



A MESA pola Normalización Lingüística da zona de Lugo, en asemblea ordinaria reunida antonte 5 de novembro, acordou parabenizar o goberno do Concello de Lugo pola iniciativa anunciada polo concelleiro nacionalista Antón Bao de restaurar a convivencia e o consenso democrático eliminando do rueiro da capital lucense os nomes de representativas figuras da ditadura franquista.

A MESA de Lugo quere lembrar que hai un ano, conxuntamente coa Asociación Cultural Cultura do País, xa presentara unha solicitude para mudar o nome da avenida dedicada ao “Jefe Provincial del Movimiento”, Ramón Ferreiro, suxerindo dedicarlla ao poeta de Monforte, Lois Pereiro. A MESA mantén a devandita suxestión para que sexa avaliada pola correspondente Comisión municipal de rueiro no proceso de normalización democrática que agora se inicia.

A MESA de Lugo apoia e amosa deste xeito a súa alegría por unha decisión valente e coherente cos desexos da poboación lucense, que maioritariamente avala que se dignifiquen os valores democráticos e a memoria das vítimas da persecución fascista. A MESA de Lugo é consciente de que os pequenos inconvenientes que poidan supor estas mudanzas son insignificantes comparados co exercicio de dignidade que supón culminar un proceso de restauración democrática pendente desde hai décadas.



Máis información daquela iniciativa de 2011 en:




25/06/12

Tour pola Europa das línguas minorizadas. O bretón Emmanuel Le Merlus chega á Galiza


O bretón Emmanuel Le Merlus está a facer un tour por toda Europa na defensa das línguas minorizadas. 

Agora temos a honra de o recibir na Galiza. O martes 26 de xuño, ás 20.30h no Museu Provincial de Lugo e coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, farémoslle unha recepción na cidade en forma de xornada divulgativa.

Contaremos coa intervención de:
  • Olga Novo, escritora: "A Bretaña nos escritores galegos"
  • Luis Villares, maxistrado: "A Carta Europea das Línguas"
  • Emmanuel Le Merlus: "O Tour pola Europa das Línguas"  
Toda a información do Tour de Emmanuel Le Merlus podedes atopala no seu blog:
Blog de Emmanuel Le Merlus 

A noticia na imprensa:
Sermos Galiza: Emmanuel Le Merlus falará en Lugo convidado pola MESA de Lugo 











14/05/12

Concerto "5.1. En galego, língua propia".

Organizado conxuntamente coa asociación Cultura do País, o próximo sábado 19-05-2012, ás 23h, terá lugar o concerto "5.1. EN GALEGO LÍNGUA PROPIA", coa actuación de SAFARI ORQUESTRA e DJ DR. THINK.
Animádevos todos a pasar unha boa noite gozando no concerto!





08/02/12

Asemblea da Mesa de Lugo a quinta 09-02-2012

No local social da Asociación Cultural Cultura do País (Rúa do Carril das Hortas, 1 - Baixo 5) ás 20.30 horas

A MESA de Lugo celebra esta quinta feira 9 de febreiro unha asemblea aberta. Será ás 20.30 horas no local da Asociación Cultural Cultura do País (Carril das Hortas, 1 - baixo 5).

Actívate! Necesitamos unha MESA forte.